Darabuc (
A partes iguais / Darabuc ; ilustraciones de Lina Zutautè - 1ª ed - Pontevedra :OQO ,2012 - [18] h. :il. ;24cm - O .
Gonzalo García, Darabuc, decidiu recuperar e facer unha versión deste conto popular, un dos seus favoritos de neno, ao consideralo adecuado e “valioso” ante o momento socioeconómico actual: “permite reflexionar sobre as relacións de desigualdade entre os individuos na sociedade e desta cos seus gobernantes”.
Non obstante, a teor dos novos tempos, interpretou que era necesario reescribir certos aspectos, como a incorporación de personaxes femininos, xa que nas diferentes versións populares —entre as que se atopa Los asociados de Bravo-Villasante— todos os protagonistas eran homes.
Do mesmo xeito, fronte aos personaxes anónimos do relato tradicional, Darabuc apostou por traballar con nomes propios e decidiu chamalos segundo as súas características físicas. O motivo: facilitar a comprensión narrativa nun relato que introduce moitos personaxes (os cinco protagonistas, o rei e varios secundarios).
En calquera caso, a achega máis significativa da versión de Darabuc é que converte A partes iguais nunha alegación a favor dun sistema social e político baseado en relacións entre iguais. Ao longo de toda a historia subxace a proclama de “liberdade, igualdade e fraternidade” que estivo detrás das conquistas políticas e sociais conseguidas na Revolución Francesa.
Neste sentido, o escritor alértanos dun modelo de relacións asentado en todo o contrario. Así, pon como exemplo un grupo de nenos no patio do colexio: “reúnense e organízanse eles sós, pero en contra da bondade natural do neno, a miúdo crean xerarquías desiguais onde é fácil que haxa infelicidade”, lamenta. Por este motivo, o relato desenvolve con coidado a negociación previa das condicións (Imos todos a partes iguais) para que non se cree unha estrutura piramidal, na que as bases traballan e a cúspide se beneficia.
Darabuc non nega que na versión busque intencionadamente unha lectura paralela coa conxuntura económica actual, “completamente dominada polas xerarquías”, reproba. Por iso, este conto ofrece unha repartición xusta de obrigas-traballo e de compensacións (A partes iguais, cruzaremos xuntos a terra e os mares).
Este modelo ten recompensas para o individuo e para a sociedade no seu conxunto. Así, en A partes iguais os nosos cinco aventureiros non só acaban conseguindo o seu obxectivo, senón que logran instaurar un sistema máis xusto e democrático, no que se restaura a función de gobernar desde o pobo e para o pobo.
“Esta actitude é útil sempre, pero arestora, ante o malestar social xeneralizado, semella aínda máis importante. E é algo que non pode transmitir unha materia en valores, senón historias que ao falar do tema nos emocionen, nos fagan pensar e nos movan”, afirma Darabuc
Narrativa
9788498713909
Relacións sociais. Vida en sociedade
Xustiza
82-N