Vista normal Vista MARC Vista ISBD

Cepillo e outros contos / Pere Calders ; traducción, Xavier R. Baixeras ; ilustracións, Xaquín Marín.

por Calders, Pere (1912-1994 ); Marín, Xaquín (1943- ).
Tipo: materialTypeLabelLibroSeries: Merlín (Edicións Xerais de Galicia).Editor: Vigo : Edicións Xerais de Galicia, D.L. 1989 Descrición: 47 p. : il. ; 19 cm.ISBN: 8475073743.Materia(s): ImaginaciónResumo: Cinco relatos cunha característica común: en todos eles haí unha visión absurda dalgún aspecto da sociedade actual, tratado sempre con ironía e humor. "Cepillo" conta a historia dun neno a quen seus país deixan sen o can que tiña. Entón, o neno decide verte-lo seu afecto con algún obxecto do fogar. Decídese por un vello cepillo que atopa no faio. Pola noite déitase con el e descobre que o cepillo se transformou nun can cheo de vida. Os país rin del, non llo cren, ata que un ladrón entra na casa e conseguen librarse gracias ó can-cepillo, que se lanza sobre el trabándoo nunha perna. En "A árbore doméstica" o protagonista descobre abraiado que na sala da súa casa medrou, da noite para a mañá, unha grande árbore. Vai á policia, pero alí convénceno de que debe facer como que non pasa nada. En "O espírito guía" o protagonista recibe a visita dun fantasma que o avisa de que un tren vai descarrilar. El trata de da-lo aviso para evita-lo accidente, pero atópase cos atrancos burocráticos e desiste. En "A hedrera helix" o protagonista merca unha estraña planta rubideira, para agasallar unha amiga. Pero a planta medra con moita rapidez e durante o traxecto á casa, a planta dá en medrar e medrar, rodeándolle o corpo. Finalmente, en "Frouxidade de carácter", unha noite, o narrador descobre que hai un ladrón roubando na súa casa. Póñense a falar, e o ladrón cóntalle que el se viu na obriga de dedicarse a iso se quería chegar a ser algo na vida, xa que sendo bo todos facían burla del.
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica Número de volume Dispoñibilidade Notas Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
Prestable CEIP Plurilingüe Pena de Francia
Sala préstamo
846 CAL cep 1 Dispoñible PEC016000000567

Cinco relatos cunha característica común: en todos eles haí unha visión absurda dalgún aspecto da sociedade actual, tratado sempre con ironía e humor. "Cepillo" conta a historia dun neno a quen seus país deixan sen o can que tiña. Entón, o neno decide verte-lo seu afecto con algún obxecto do fogar. Decídese por un vello cepillo que atopa no faio. Pola noite déitase con el e descobre que o cepillo se transformou nun can cheo de vida. Os país rin del, non llo cren, ata que un ladrón entra na casa e conseguen librarse gracias ó can-cepillo, que se lanza sobre el trabándoo nunha perna. En "A árbore doméstica" o protagonista descobre abraiado que na sala da súa casa medrou, da noite para a mañá, unha grande árbore. Vai á policia, pero alí convénceno de que debe facer como que non pasa nada. En "O espírito guía" o protagonista recibe a visita dun fantasma que o avisa de que un tren vai descarrilar. El trata de da-lo aviso para evita-lo accidente, pero atópase cos atrancos burocráticos e desiste. En "A hedrera helix" o protagonista merca unha estraña planta rubideira, para agasallar unha amiga. Pero a planta medra con moita rapidez e durante o traxecto á casa, a planta dá en medrar e medrar, rodeándolle o corpo. Finalmente, en "Frouxidade de carácter", unha noite, o narrador descobre que hai un ladrón roubando na súa casa. Póñense a falar, e o ladrón cóntalle que el se viu na obriga de dedicarse a iso se quería chegar a ser algo na vida, xa que sendo bo todos facían burla del.

Coa tecnoloxía Koha