Alfaya, An

¡ Sireno, Sireno! / An Alfaya - [1ª ed.] - Vigo :Ed. Xerais de Galicia ,2007 - 134 p :il ;19cm - Merlín .

Premio Merlín de 1997

Partindo da imaxe da escultura de Francisco Leiro situada na Porta do Sol de Vigo a autora crea un mundo de fantasía. "¡Sireno, Sireno!" é o relato, en primeira persoa, dun neno que acaba de sufri-la perda do pai por mor dun accidente de tráfico e non pode comunicarse coa nai, unha vendedora de enciclopedias, porque ela non é quen de saír do seu illamento. O neno refúxiase nun mundo onírico, no que o debuxo é a única vía de escape, pero só pinta en branco e negro porque vive nun mundo gris; nesa situación. A descuberta do Sireno, unha estatua deforme que se eleva nunha praza da súa cidade, esperta emocións intensas e contraditorias no seu interior. A partir de entón, sofre unha identificación fantasiosa que o axudará a camiñar na procura das cores. En palabras de An Alfaya, a autora, "o Sireno sérvelle ó protagonista de escusa para saír da escuridade na que quedou preso trala morte do pai e descubre nela a beleza do deforme como aposta persoal".

5º-6º Primaria

9788497826006

84497826000


Vigo
Familia
Sentimentos
Morte

82-N

Coa tecnoloxía Koha